A EOI de Santiago presenta no CiPG o seu curso de inglés para xornalistas
O pasado mércores 19 de xullo o Centro Internacional de Prensa de Galicia acolleu a presentación dun curso monográfico de inglés nivel B2 para xornalistas da man do directo da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, Gonzalo Bonstenla.
Segundo explicou o director da EOI compostelana, o curso impartirase a partir do 11 de setembro ata o 21 de decembro no centro da EOI no barrio de Vite, en Santiago. Recoméndase para seguir o ritmo das aulas un nivel de inglés B2. Os cursos impartiranse de xeito semipresencia, tendo lugar a súa parte presencial os luns de 16:30 a 18:30, cunha duración total de 60 horas durante todo o cuadrimestre.
O curso, polo que se emitirá unha certificación oficial expedida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade tras finalizalo con aproveitamento, ten un prezo de 90 euros, ao que lle habería que sumar as taxas de apertura de expediente e de servizos xerais de ser o caso.