A FAPE mantén un encontro no Ministerio da Presidencia sobre o Proxecto da Lei de
Información Clasificada

Tamén se ten reunido co secretario xeral institucional do Partido Popular, Esteban González
Pons, que escoitou a posición da Federación de cara á tramitación parlamentaria.

Madrid, 20 de setembro de 2022.- Representantes da Federación de Asociacións de Xornalistas de
España (FAPE) mantiveron un encontro co secretario de Estado de Relacións coas Cortes e Asuntos
Constitucionais do Ministerio da Presidencia, Rafael Simancas, enmarcado nas alegacións
presentadas xunto coa Asociación da Prensa de Madrid (APM) ao proxecto de Lei de Información
Clasificada.
Simancas, acompañado pola directora xeral de Asuntos Constitucionais e Coordinación Xurídica,
María del Camino Vidal, coñeceu o plantexamento das organizacións profesionais de xornalistas
que quedou plasmado no documento de alegacións presentado durante o procedemento de
información pública.
En representación da Fape atopábase o seu presidente, Miguel Ángel Noceda; o vicepresidente
primeiro, Aurelio Martín, e o tesoureiro, Javier Galán, que expuxeron algúns extremos do
Proxecto de Lei que puideran lesionar ao dereito á liberdade de información.
Por parte dos representantes da Secretaría de Estado clarexáronse algunhas dúbidas sobre o
documento, que vén substituír a Lei 9/1968, de 5 de abril, acollendo tamén as suxerencias para
poder ser incluídas no texto definitivo, que tras pasar por varios organismos consultivos estatais, vai
presentarse para o seu debate nas Cortes Xerais.
A comisión da FAPE considerou positivo o encontro, que se desenvolveu nun tono cordial e de
traballo en torno ao articulado do texto, por entender que pode redundar en que se inclúan no
documento aqueles aspectos que para o xornalismo plantexaban dúbidas e que foron remitidas nos
prazos oficiais.
No mesmo senso, Miguel Ángel Noceda e Javier Galán, mantiveron outro encontro co
vicesecretario xeral Institucional do Partido Popular, Esteban González Pons, quen igualmente
recibíu a posición da FAPE para tela en conta á hora da tramitación parlamentaria.
Entende a FAPE que, tendo en conta a importancia desta lei, xa que afecta a un dos dereitos
fundamentais dos cidadáns, deberíase atopar o maior consenso posible entre partidos políticos e
institucións da sociedade civil.

Deixa unha resposta