A Federación de clubs de prensa de Europa refrenda en Santiago que Galicia a presida este ano e aproban a candidatura maltesa para 2024-25

A presidencia da EPCF pasa así a Galicia durante o período 2023-2024

O Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) acolleu a Asemblea Anual da Federación Europea de Clubs de Prensa (EPCF), na que participaron os clubs de prensa de Londres, Berlín, Bruxelas, Xenebra, Malta, entre outros.

O CiPG, xestionado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostala (APSC-FAPE) foi o anfitrión nesta ocasión deste relevante encontro profesional, ademais de ser membro de pleno dereito na EPCF dende hai un ano. A presidencia do EPCF pasará a Galicia durante o período 2023-2024 despois de que no ano anterior fose de Londres, onde se celebrou a anterior Asemblea Anual da EPCF.

De cara ao período 2024-2025, a presidencia pasará a mans de Malta, como foi acordado por unanimidade entre todos os membros presentes na Asemblea. Deste xeito, a próxima Asemblea da Federación Europea de Clubs de Prensa terá lugar en La Valeta, capital de Malta.

A xornada foi inaugurada polo Secretario Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, e posteriormente os membros do EPCF foron recibidos no edificio do Concello de Santiago pola Corporación Municipal, presidida pola alcaldesa compostelana, Goretti Sanmartín.