A norteamericana Maryjane Dunn gaña a XI edición do Premio Internacional Aymeric Picaud

O galardón, condedido pola Liga de Asociaciones de Periodistas del Camino de Santiago Francés, entregarase o 13 de abril en Cizur Menor (Navarra)

A norteamericana, afincada en Nebraska, Maryjane Dunn, é a gañadora da XI edición do Premio Internacional Aymeric Picaud, que outorga a Liga de Asociaciones de Periodistas del Camino de Santiago Francés. A entrega do galardón celebrarase o día 13 de abril na localidade navarra enclavada no Camiño de Santiago Cizur Menor, na igrexa de San Xoán de Xerusalén, pertencente á Orde de Malta.

O xurado da XI edición do Premio Internacional Aymeric Picaud, instituído pola Liga de Asociaciones de Periodistas del Camino Francés decidiu conceder o Premio Internacional Aymeric Picaud deste ano 2024 a Maryjeane Dunn (Nebraska), profesora, investigadora, peregrina, fundadora da News Letter Of de Friends of the Camino, grupo precursor de American Pilgrims. A candidatura foi propostas pola Asociación de Periodistas de Navarra.

O xurado valorou a súa traxectoria como divulgadora do Camino

O xurado da XI edición do Premio Internacional Aymeric Picaud, composto polas presidentas e presidentes das asociacións que integran a Liga de Asociaciones de Periodistas del Camino Francés: Luis Menénez, de Santiago de Compostela; Carmen Uz, de Lugo; Raquel Arconada, de Palencia; Vanesa Silván, de León; Rosalía Santaolalla, de Burgos; Ana Castellanos, de La Rioja; Isabel Poncela, de Aragón, e Patxi Pérez, de Navarra, que ademais, preside a Liga deste ano, destacaron a dilatada traxectoria da norteamericana como divulgadora do Camiño.

A peregrina e investigadora norteamericana do Camiño de Santiago, Maryjane Dunn, publicou as primeiras traducións en inglés dos libros I, II e III do Códex Calixtinus e editou dous libros con referencia ao Camiño, ademais escribiu numerosos artigos e reseñas. Experta peregrina, realizou o Camiño en varias ocasións e asistiu a numerosos foros, congresos e eventos en relación coa ruta xacobea como invitada e conferenciante, mantén contacto continuo coas Asociacións de Amigos del Camino de España e outros países europeos. Asimesmo participa na importante asociación Americans Pilgrims, que reúne a centos de peregrinos estadounidenses amandes do Camiño. “O Camiño está en todos os rincóns da miña vida. O Camiño para min é o meu campo de investigación, pero tamén o meu pasatempo, e as miñas amizades fixéronse no Camiño”, afirmou Maryjane Dunn tras recibir a noticia da concesión do galardón.

A Liga de Asociaciones de Periodistas del Camino Francés fórmana: Aragón, Burgos, La Rioja, León, Navarra, Palencia e Santiago de Compostela.

O galardón consiste nun facsímil do Codex Calixtinux, valorado en máis de 5.000 euros, realizado pola editorial Siloé, de Burgos. Nas anteriores edicións foron premiados especialistas e investigadores do Camiño de diferentes nacionalidades como Carmen Pugliese, Paolo Caucci, Antón Pombo, Kim Nam Hee, Carlos Mencos, Lucien Humic, Manuel F. Rodríguez, Joan Friol, Jean Passini e o grupo editorial francés Miam Miam Dodo.

O galardón concédeo a Liga de Asociaciones de Periodistas del Camino de Santiago Francés e contou este ano coa colaboración do Goberno de Navarra, a Cendea de Cizur, os Concellos de Cizur Menor y Urdazubi/Valcarlo, así como da Editorial Siloé.