Alfonso Armada presenta no Centro Internacional de Prensa de Galicia o seu “Caderno de viaxe ao país natal”

Esta tarde, o Centro Internacional de Prensa de Galicia celebro a presentación do libro de Alfonso Armada Cuaderno de viaje al país natal. O autor estivo acompañado polas escritoras Marilar Aleixandre e Branca Novoneyra.

Nesta obra, Armada fai un camiño por Galicia ao tempo que escribe este caderno de viaxes, a modo de crónica. Durante a súa presentación, o autor lembrou varios lugares de Galicia sobre os que reflexiona no seu libro, como Ortigueira; Ourense, que puido descubrir grazas a Blanco-Amor, ou Compostela. Lembrou tamén as orixes do seu libro, cuxa proposta vén do Faro de Vigo, que lle pediu recuperar “o camiño que fixera Cunqueiro por Galicia nun 600”.

Alfonso Armada é xornalista e escritor. Cubriu conflitos como o cerco de Saraxevo ou o xenocidio de Ruanda. Ademais, é autor e director de obras de teatro e director do suplemento ABC Cultural. Ten cultivado obra en galego, en poesía e narrativo e tamén obra en castelán, tento recibido premios como o Francisco de Quevedo de poesía do Concello de Madrid, por Fracasos de Tánger, ou Premio Ojo Crítico de Teatro de RNE, por El alma de los objetos.

Deixa unha resposta