A ASOCIACION DE PERIODISTAS DE SANTIAGO LAMENTA O PASAMENTO DO
FOTOREPORTEIRO MANUEL BLANCO REY

Santiago, 3/10/2022.-A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela
(APSC/FAPE) lamenta fondamente a morte do compañeiro e socio Manolo Blanco
Rey, quen faleceu no seu domicilio no día de onte, os 74 anos de idade. Profesional do
reporteirismo fotográfico, coa súa desaparición Compostela perde unha das referencias
gráficas máis destacadas da súa contemporaneidade. Xefe de fotografía de El Correo
Gallego durante case corenta anos, foi protagonista do acontecer compostelán e galego
durante a ditadura franquista, a transición e a democracia. No seu documentado arquivo
figuran exclusivas como a explosión do buque Casón, as inundacións de Padrón –onde
tivo de ser rescatado-, ou as visitas dos máis relevantes mandatarios mundiais a capital
galega.
Precisamente, a APSC estaba a preparar unha exposición en Padrón estes días sobre
a súa extensa obra gráfica na vila rosaliana. Coma recoñecemento a súa vida dedicada
o oficio, a APSC escolleu con Manolo Blanco unha escolma das súas mellores fotos
históricas que están colgadas no Centro Internacional de Prensa de Galicia, que o
vindeiro día 8 terá unha xornada de portas abertas a cidadanía. Desde a Asociación
compostelán de xornalistas, á que pertencía desde hai 47 anos, trasladamos o noso
máis sentido pésame a familiares, amigos e compañeiros. Descanse en paz.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.