A FACULTADE DE COMUNICACIÓN, O COLEXIO DE XORNALISTAS E A
ASOCIACIÓN DE SANTIAGO ACORDAN COLABORAR NAS ACTIVIDADES
DO CENTRO INTERNACIONAL DE PRENSA DE GALICIA

Nas fotos, e de esquerda a dereita, o Decano do CPXG, Paco Sarria, o Presidente da APSC, Luís Menéndez, e a Decana da
Facultade de Comunicación da USC, Ana Isabel Rodriguez, asinando o acordo de colaboración entre as tres entidades para o
fomento do CiPG.

Santiago, 03.08.2022.- O Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG), ubicado na
rúa Nova nº 9 no centro histórico da capital galega, conta xa con importante apoios de
colaboración trala súa inauguración oficial o pasado 9 de xullo. Trátase, a nivel
académico, da Facultade de Comunicación da USC, e a nivel de representatividade
sectorial, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), cuxos decanos, Ana
Isabel Rodriguez e Paco Sarria, respectivamente, asinaron un acordo de colaboración
co presidente da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC/FAPE), Luís Menéndez,
representante da entidade xestora do centro, para a celebración de actos nos locais do
CiPG como roldas de prensa, debates, mesas redondas, retransmisións, cursos de
formación, conferencias, exposicións e eventos de todo tipo relacionados co
xornalismo e os medios de comunicación.
Foto da inauguración do CiPG, coa participación de relevantes figuras do xornalismo internacional.
Neste sentido, as tres organizacións están a elaborar un programa de actividades,
tanto conxunta coma separadamente, que se desenvolverán a partir do vindeiro 8 de
outubro, día no que terá lugar un acto da apertura social á cidade compostelana, e
desde á que se dará inicio a programación regular do CiPG.

Foto da inauguración do CiPG, coa participación de relevantes figuras do xornalismo internacional

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.