O Centro Internacional de Prensa de Galicia avanza a súa programación e abre as súas instalacións á cidadanía

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2022.- Os directores do Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiP), Pastor Lorenzo e Luís Menéndez, avanzaron a súa programación e puxeron a disposición da cidadanía os seus servizos e as instalacións, ubicadas en pleno casco antigo compostelá, no marco dunha xornada de portas abertas, á que asistiron autoridades coma o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, así como os representantes de cada grupo político que forma parte da corporación santiaguesa (PSOE, PP, Compostela Aberta e BNG). Os asistentes adicaron un minuto de silencio á memoria do recentemente finado fotoreporteiro compostelá, Manuel Blanco; parte da súa obra permanece exposta na tamén denominada Casa dos Xornalistas.

O director corporativo, Pastor Lorenzo, agradeceu a colaboración, entre outras, de institucións coma a Xunta, a Deputación e o Concello de Santiago, na posta en marcha do Centro Internacional de Prensa, un espazo xestionado por profesionais da comunicación, aberto a todo tipo de colectivos, que conta con salón de actos e salas de xuntanzas, entre os numerosos servizos ós que se poden acoller todos aqueles que queiran facer uso destas instalacións. Na páxina web do centro, www.periodistascompostela.es, que estará plenamente dispoñible en breve, os interesados disporán dun formulario para solicitar os servizos.

Entre as actividades previstas na programación anual do CiP figuran varios actos culturais a iniciativa do Ateneo de Santiago. Asemade, o 24 de novembro o Centro organizará un coloquio sobre violencia de xénero con relación á situación que viven as xornalistas de Afghanistán. Tamén haberá un acto, con apoio da Federación Internacional de Xornalistas, relativo á denominada Revolución do Veo en Irán,pola que moitas mulleres ao redor do mundo estanse a cortar o pelo en solidaridade coas protestas das iraníes. Como detalle de solidariedade, a xornalista Mayte Cabezas, presentadora do evento, curtouse parte do seu cabelo no marco desta reivindicación.

CiPG, que xestiona a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC/FAPE) conta cun adiantado equipamento tecnolóxico para a súa utilización libre por parte dos medios de comunicación de todo o mundo que visiten Compostela. O seu salón de actos, no centro da cidade histórica, será tamén epicentro de actos culturais, roldas de prensa ou exposicións.

Minuto de silencio adicado a Manuel Blanco (foto cedida por Daniel Trillo). Abaixo, Mayte Cabezas curtándose o pelo en solidariedade coas iraníes e instantes da xornada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.