O Ateneo de Santiago comeza a súa colaboración co Centro Internacional de Prensa de
Galicia coa presentación do libro ‘Volver a Stalingrado’, do historiador Xosé M. Núñez Seixas

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022. Coa presentación do libro ‘Volver a Stalingrado.
El frente del Este en la memoria europea, 1945-2021’, do historiador Xosé M. Núñez Seixas,
comezou hoxe en Compostela a colaboración entre o Ateneo e o Centro Internacional de Prensa de
Galicia (CiPG), que reuniu a medio cento de persoas, entre elas, o expresidente do Goberno galego,
Emilio Pérez Touriño; o exalcalde compostelán Xerardo Estévez; o xornalista e político Fernando
Salgado e a concelleira do BNG santiagués, Goretti Sanmartín. O acto foi presentado polo director
corporativo da CiPG, Pastor Lorenzo, e polo directivo do Ateneo, Xosé Ramón Pousa.
O catedrático de Historia Contemporánea, Ramón Villares, salientou a importancia de coñecer o
pasado para aprender e non cometer os mesmos erros, aspecto no que tamén incidiu o seu autor:
“Hai erros que se poden evitar se se lembran”. O director corporativo do CiPG, Pastor Lorenzo,
subliñou que o tema que desenvolve a obra “agora resulta que está de moda” por mor da guerra en
Ucraína. O libro relata o conflicto xermano-soviético na segunda metade do séculon XX,
confirmando que o 60% dos mortos da Segunda Guerra Mundial rexistráronse nas denominadas
terras negras da Europa do Leste.
Ramón Villares someteu á debate a idea de si sería posible hoxendía construír unha memoria
europea común, un reto difícil se se teñen en conta as diversas visións do Holocausto, os falecidos
nas estepas rusas e a constante nacionalización da memoria, coma resumíu o catedrático. “É un
libro que trata sobre a memoria pero que non pretende facer memoria”, apostillou o autor.
Este ten sido o primeiro acto que celebra o Ateneo no CiPG, seguindo o estipulado no convenio de
colaboración coa APSC, entidade xestora deste centro. A seguinte actividade terá lugar o 10 de
novembro, ás 19.30 horas. Proxectaráse o documentario ‘O Circo de Artesáns. O Ateneo de
Galicia’. E o mércores 14 de decembro presentarase o libro ‘Sentencia’, do xornalista Xosé Rodil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.