A IAPC aproba en Londres a homologación internacional do Centro de Prensa de Galicia

O vindeiro Congreso Europeo de Clubes de Prensa celebraráse en Santiago

Delegados do Comité Executivo da IACP na sede do Club de Prensa de Londres.

Londres, 28/10/2022.- O Comité Executivo da Asociación Internacional de Clubs de Prensa (IAPC), presidido polo prestixioso London Press Club (LPC), acordou na súa xuntanza anual, celebrada na capital británica, aceptar as candidaturas dos centros de prensa de Berlín (Alemaña), -que regresaba tras anos de ausencia-; Atlanta (Estados Unidos) e Galicia-Santiago de Compostela (España). No caso de Berlín e do Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG), xestionado pola asociación local de xornalistas de Santiago (APSC/FAPE), esta decisión implica a súa integración tamén de pleno dereito na Federación Europea de Clubs de Prensa (EPCF). Ao plenario asistiron delegados dos clubs de prensa de Reino Unido, Francia, Suiza, Austria, India, Siria, Alemaña, Australia, Israel, Bélxica, Italia, Polonia e España. A IAPC integra a un total de 45 centros de prensa de todo o mundo. Aparte do seu labor solidario e cultural, a IAPC e a EPCF abordan estratexias conxuntas de apoio mutuo.

Luís Menéndez con Martyn Bond, director do LPC.

Martyn Bond, director do LPC, destacou o progresivo crecemento dos clubes de prensa, cuxos estatuso mantéñense desde décadas blindados en favor da liberdade de prensa, o exercicio libre do xornalismo e a declaración de independencia e de neutralidade fronte aos poderes públicos ou de calqueira signo. No caso do CiPG, Bond destacou a súa satisfacción, xa que na actualidade é o único activo en España e anunciou a próxima reunión do Comité Europeo o vindeiro ano en Santiago de Compostela, nunha data aínda por determinar. Pola súa banda, Luís Menéndez, director de Relacións Internacionais da CiPG, agradeceu á acollida á candidatura galega polo que ten de soporte de axuda exterior e pola universalidade que, de seu ten, a capital de Galicia, Santiago de Compostela. 

Na xuntanza aprobáronse tamén uns mecanismos de axuda para os xornalista de Ucraína e Bielorusia e o estreitamento das relacións coa Federación Internacional de Xornalistas, con sede en Bruxelas.


Xuntanza da IAPC no momento da conexión por videoconferencia con Bielorusia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.