PRESENTACIÓN DO DECÁLOGO DE ESTILO XORNALÍSTICO PARA ESCRIBIR SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO FRANCÉS

A Liga de Xornalistas do Camiño celebrará a X edición do Premio Aymeric Picaud en París.

Luís Menéndez (segundo pola dereita), na presentación do xogo do Camiño, en Palencia.

Palencia, 17-11-2022-. Os representantes da Liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño de Santiago, formada polas asociacións da prensa de Aragón, Navarra, A Rioxa, Burgos, Palencia, León, Lugo e Santiago de Compostela, presentaron este xoves, no Salón de Actos da Deputación de Palencia, o Decálogo de Estilo xornalístico para escribir sobre o Camiño de Santiago.

O acto -ao que acudiron a a presidenta da Institución Provincial, Ángeles Armisén; o deputado Javier Villafruela; o presidente da Liga de xornalistas do Camiño de Santiago, Patxi Pérez; o ideólogo do Decálogo, Manuel Rodríguez e o presidente da Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Miguel Pérez, así como membros de varias asociacións da Liga, como Luís Menéndez, da asociación compostelá de xornalistas, e alcaldes de municipios por onde pasa o Camiño Francés-, tamén serviu para informar acerca da X edición do premio Aymeric Picaud e a celebración do mesmo o vindeiro ano en París. Ademais, déuse a coñecer o xogo ‘Ocamiño’.

Durante a presentación, Manuel Rodríguez explicou en que consiste o Decálogo de Estilo xornalístico para escribir sobre o Camiño de Santiago que pretende favorecer a precisión lingüística e documental cando os profesionais do xornalismo escriban sobre a ruta e o mundo xacobeo. Non busca ser, por tanto, un minimanual de boas prácticas, pero a complexidade histórica, territorial e terminolóxica do Camiño, que se ten obviado con frecuencia, debido sobre todo á falta de especialización na materia, fai necesaria unha guía á hora de trasladar as informacións con propiedade.

O renacido éxito internacional da ruta xacobea fai que cada vez estea máis presente nos medios de comunicación. As informacións, reportaxes e mesmo artigos de opinión que se lle adican son xa habituais en España e, con menor regularidade, aínda que con máis entusiasmo, noutros países. Esta realidade propiciou, a súa vez, o interese dos medios por outros aspectos da cultura xacobea coa que está relacionado.

Este interese choca con frecuencia coa apuntada complexidade do Camiño e da cultura xacobea no seu conxunto. E xusto por elo, a información ao respecto debería ser o más precisa posible. Estamos ante un feito histórico, antropolóxico e económico-cultural único en Europa e no mundo, que merecería ser preservado coas menores adulteracións posibles. Os medios de comunicación son claves para logralo.

O decálogo está baseado en documentación e experiencias contrastadas. Aspira a sumar e está aberto a discrepancias e suxerencias.

X premio Aymeric Picaud

Pola súa banda, Patxi Pérez, informou acerca do premio Aymeric Picaud, que será entregado o vindeiro ano en París con motivo da súa décima edición.

Este galardón, que concede anualmente a Liga de Xornalistas do Camiño de Santiago, naceu en 2014 para premiar a divulgación sobre a ruta xacobea e entrega unha edición de luxo dun facsímil do Códex Calixtinus aos galardoados. En anteriores edicións recibírono o portal web Gronze, a editorial francesa ‘Le Vieux Crayon’, a escritora surcoreana Kim Nam Hee e o catedrático italiano Paolo G. Caucci Von Saucken, entre outros.

En 2023, o acto de entrega do galardón trasladaráse ata a capital francesa con motivo do seu décimo aniversario, ao que se sumará a Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, con quen a Liga asinará un convenio de colaboración, segundo apuntou o seu presidente, Miguel Pérez.

‘Ocamiño’

Por último, Miguel Ángel Barón presentou ‘Ocamiño’, un xogo da oca do que é coautor, baseado no mapa que os Templarios crearon para realizar o Camiño de Santiago.

A través de 63 cuadrículas, trátase de reflectir os monumentos das localidades polas que pasa a ruta xacobea, como a igrexa de San Martín de Tours, en Frómista, ou a capela de Santiago da igrexa de Santa María A Branca, de Villalcázar de Sirga.

O obxectivo de ‘Ocamiño’ é, ademais de recuperar a esencia do marcado da ruta que deu orixe ao xogo da oca, organizar un campeonato no que os mellores equipos provinciais compitan nunha final nacional do Camiño de Santiago Francés, para así divulgar o mesmo entre os rapaces de temprana idade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.