aRi[t]mar presenta o seu festival no Centro Internacional de Prensa de Galicia
A gala aRi[t]mar terá lugar o próximo 10 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia
Este luns ás 13:00 tivo lugar no Centro Internacional de Prensa de Galicia a presentación do festival aRi[t]mar, que terá lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago.
Na presentación estiveron presentes Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Miriam Louzao, Concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica do Concello de Santiago; Xosé Lago, subdirector Xeral de Acción Externa e cooperación transfonteiriza da Xunta de Galicia e Director da Agrupación Europea de Cooperación territorial Galiza – Norte de Portugal, e Gonzalo Constenla, Director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, coorganizadora de aRi[t]mar.
Segundo relatou Gonzalo Constenla, a gala reunirá ás vencedoras do Premio á Mellor Música do Ana na Galiza, Fillas de Cassandra; os vencedores do Premio á Mellor Música do Ano en Portugal, Retimbrar; a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, Arancha Nogueira; e a vencedora do Premio á Mellor Poesía do Ano en Portugal, Maria Isabel Fidalgo; e os representantes da Associação José Afonso (AJA) e da AJA-Galiza, distinguidas nesta ocasión co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona.
O festival é aberto ao público por orde de chegada, sen necesidade de convite nin reserva previa.