‘Compostela como desexo’ é o título do libro que se vai presentar no CiPG o venres, 16 de decembro
Santiago de Compostela, 14-12-2022.- O Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG), ubicado na Rúa Nova, 9 de Santiago, acollerá o vindeiro venres, día 16 de decembro, ás 19.30 horas, a presentación do libro ‘Compostela como desexo’, da editora Alvarellos.
Trátase dunha obra moi singular, de reflexión, onde cinco autores -un filósofo, Antón Baamonde; un economista, Fernando Barros; dous arquitectos, Xerardo Estévez e Alfonso Salgado e un filólogo, Xosé Manuel Villanueva- propoñen unha nova mirada sobre a capital de Galicia.