Domingo González presentou a súa obra La radio informativa en España no Centro Internacional de Prensa de Galicia
A obra trata narra a evolución do medio radiofónico dende a imposición da censura franquista ata a liberdade de expresión amparada pola democracia
Este pasado xoves, o Centro Internacional de Prensa de Galicia acolleu a presentación do libro La radio informativa en España. De la censura a la libertad.
O acto contou coa presenza de Ana Zas, xornalista e presentadora do Telexornal de TVE Galicia; Xosé Soengas, catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, e Domingo González, autor do libro e xornalista.
Esta obra, prologada por Diego Carcedo e ilustrada por Xaquín Marín, ofrécenos unha viaxe pola historia da radio informativa no noso país, dende a imposición da censura por Franco, pouco despois da súa victoria na Guerra Civil até a recuperación da liberdade de expresión coa constitución de 1978.
Domingo González, autor e coñecedor do medio, narra neste libro como a censura limitou a información á Radio Nacional de España e como trala morte de Franco a radio gañou en audiencia, credibilidade e influencia social. Ademais, reflexiona sobra a linguaxe radiofónica e a importancia do xornalismo de investigación, con referencias didácticas para futuros xornalistas.