• Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

  • Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

  • Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

Prezos reducidos para os asociados nos cursos náuticos do Multiusos do Sar

Os asociados á Asociación de Periodistas de Santiago e os seus familiares poderán beneficiarse do mesmo prezo reducido que os abonados ao Multiusos do Sar de Santiago nos cursos náuticos que se celebran nesta instalación compostelá ao longo do ano.  Estes cursos, ademais de habilitar oficialmente para o manexo de embarcacións de lecer e ser valorados en moitas empresas, proporcionan aos compañeiros xornalistas uns coñecementos náuticos case imprescindibles nun país como Galicia no que as informacións marítimas ou referenciadas ao mar ocupan un considerable espazo nos medios de comunicación.  
O primeiro curso será de PER (Patrón de Embarcacións de Lecer), que é o máis demandado,  e iníciase o próximo día 1 de febreiro.  O calendario para este ano  2010 é o seguinte:   

CALENDARIO CURSOS NÁUTICA 2010

PER  (patrón de Embarcacións de Recreo):
Cursos trimestrais semipresenciais (menos o trimestre do verán).  16 horas de clases presenciais + curso “on line” de última xeración
Atribucións: 
Manexo de embarcacións de recreo de ata 12 m. ata 12 millas da costa, incluíndose toda clase de motos acuáticas.
Requisitos:
18 anos ou 16 co permiso dos pais.
Prezo Asociados:  265 € .  Inclúe IVE,  material e subscrición ao curso “on line”. (O prezo non inclue as clases prácticas que pode ser consultado na web www.portomeloxo.com )  

1º Trimestre:

Presentación e entrega materiais:  luns 1 de febreiro, 20.00 h.
8 clases presenciais de 2 h. cada unha, os martes de 20 a 22.00 h., os seguintes días:
2, 9, 16 e 23 de febreiro e 2, 9, 16 e 23 de marzo. 
Exame: 24 de marzo, mércores.
Se hai moita xente farase outro grupo que terá clases os luns das mesmas semanas. 

2º Trimestre:

Presentación e entrega de materiais:  luns 3 de maio, 20.00 h.
8 clases presenciais de 2 h. cada unha, os martes de 20 a 22.00 h., os seguintes días:
4, 11, 18 e 25 de maio e 1, 8, 15 e 22 de xuño.
Exame:  23 de xuño, mércores.
Si hai moita xente farase outro grupo que terá clases os luns das mesmas semanas. 

4º Trimestre:

Presentación e entrega de materiais:  luns 4 de outubro, 20.00 h.
8 clases presenciais de 2 h. cada unha, os martes de 20 a 22.00 h., os seguintes días:
5, 13 (mércores, o 12 é festivo) 19 e 26 de outubro e 2, 9, 16 e 23 de novembro. 
Exame: 24 de novembro, mércores.
Si hai moita xente farase outro grupo que terá clases os luns das mesmas semanas. 

PATRÓN DE IATE
Curso anual presencial  de 44 horas.
Atribucións:
Manexo de embarcacións de recreo de ata 20 m. ata 60 millas da costa.
Requisitos:
18 anos e estar en posesión do título de PER.
Prezo Asociados:  380 € .  Inclúe IVE,  material e libro.
(O prezo non inclue as clases prácticas que pode ser consultado na web www.portomeloxo.com )  

Presentación, entrega de materiais e primeira clase:  sábado 20 de febreiro.
11 clases presenciais de 4 h. cada unha, total 44 horas, os sábados de 10.00 a 14.00 h., os seguintes días:
20 e 27 de febreiro; 6, 13, 20 e 27 de marzo;  10, 17 e 24 de abril e 8 e 15 de maio.
Exames 19 e 20 de maio, mércores e xoves.
Si hai moita xente farase outro grupo que terá clases os mesmos sábados pola tarde de 16 a 20.00 h. 

PNB (Patrón Para a Navegación Básica)
Curso anual semipresencial.  8 horas de clases presenciais + curso “on line” de última xeración.
Atribucións:
Manexo de embarcacións de recreo de ata 7,5 m. si son de motor, e ata 8 m. de vela, a unha distancia máxima de 5 millas dun porto ou lugar de abrigo, sen límite de potencia e incluíndo todas as motos acuáticas.
Requisitos:
18 anos ou 16 co permiso dos pais.
Prezo Asociados:  180 € .  Inclúe IVE,  material e subscrición ao curso “on line”.
(O prezo non inclue as clases prácticas que pode ser consultado na web www.portomeloxo.com )  

Presentación e entrega de materiais:  sábado 29 de maio ás 10.00 h.
2 clases presenciais de 4 h. cada unha, os sábados de 10.00 a 14.00 h., os seguintes días:
12 e 26 de xuño.
Exame o 28 de xuño, luns.
Se hai moita xente farase outro grupo que terá clases os mesmos sábados pola tarde de 16 a 20.00 h. 

-Todas as clases terán lugar na Aula Náutica do Multiusos do Sar e corren a cargo de capitáns da mercante especializados na ensinanza.
-Os prezos inclúen o IVE e o material.
-Os exames son extraordinarios para os alumnos destes cursos e celebraranse na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira.
-As prácticas oficiais realizaranse en embarcacións homologadas pola Escola Náutica Portomeloxo en datas a convir cos alumnos.
-Os cursos están organizados polo Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela e a Escola Náutica Portomeloxo (homologada pola Xunta de Galicia co indicativo ENAL XGEN 021).
-A inscrición realizarase no Multiusos Fontes do Sar ou na Piscina de Santa Isabel.    

ADEMAIS  destas opcións, aqueles que teñan problemas de desprazamento para acudir ás clases presenciais poden realizar os cursos de PER, PNB (Patrón para a Navegación Básica) e Titulín (Autorización Federativa) só por internet inscribíndose en calquera momento a traveso da páxina web www.portomeloxo.com   

 

search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras