• Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

  • Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

  • Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

O primeiro centro de talasoterapia de Galicia asina un convenio coa APSC con descontos para socias/os

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) vén de asinar un convenio de colaboración co centro de Talasoterapia Talaso Atlántico  que permitirá que as/os nosas/os socias/os poidan acceder os servizos que ofrece esta empresa gozando duns vantaxosos prezos.

Que é Talaso Atlántico?

TALASO ATLÁNTICO, S.A. é o primeiro Centro de Talasoterapia creado na Comunidade Autónoma Galega que aporta servizos de hotelería, restauración e termalismo. Está situado no Cabo Silleiro, no concello de Oia  (Pontevedra).

A que servizos poden acceder as/os socias/os?

Mediante este convenio O Complexo Termal  Talaso Atlántico  comprométese a conceder aos asociados da APSC condicións preferentes no aceso ao Complexo Termal que comercializa  servizos de Hotel, Restauración  e asistencia no Balneario segundo as seguintes condicións:

Cuartos:

10% de desconto sobre os seguintes servizos ( non se inclúen bebidas):
- Estancias  con almorzo, media pensión ou pensión completa;
- Programas completos (Posta en Forma, Cura Oceánica, etc.), que inclúen
- Cuartos, alimentacións e tratamentos.

Servizos de Talasoterapia:
10% de desconto en calquera tratamento individual do Centro de Talasoterapia.
- Tarifa especial no Tour Mariño (piscina de auga de mar, jacuzzi, sauna seca e húmida.
- De luns a venres (excepto festivos): 12€ (por persoa e entrada con IVE incluído);
- Sábados, domingos e festivos: 18€ (por persoa e entrada con IVE incluído).

Restaurante: 
- 10% de desconto no restaurante á Carta.

Estes descontos son aplicables de luns a domingo, durante a temporada baixa.

Como se pode acceder?

Para poder acceder a estas vantaxes  os membros da APSC deberán mencionar que son asociados no acto da petición do servizo ou producto, identificándose a través do respectivo carné de socio.

Cando entra en Vigor?

O convenio está en vigor desde o momento da publicación polo que calquera socio xa pode facer uso cando o desexe. Está previsto que en breve asinemos un engadido para que estas mesmas vantaxes, polo momento só para socios da APSC, se amplíen a todos os membros da FAPE.

 


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras