A asociación
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) é unha agrupación sen ánimo de lucro que, desde o seu nacemento o 5 de decembro de 1945, defende e promove os valores e liberdades da información e os dereitos e deberes dos profesionais do periodismo.
Pertencente á Federación Galega de Asociacións de Periodistas (FEGAPE), desde a creación desta en 1984, tamén forma parte da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE), xunto con outras 55 asociacións máis de todo o territorio nacional; todas elas cun interese en común que é o de protexer e amparar os dereitos e intereses profesionais dos periodistas, así como de velar polo digno cumprimento dos deberes dos mesmos, elevar a súa preparación, representar a profesión, vixiar e promover o dereito á liberdade de expresión amais de defender o desenvolvemento constitucional da cláusula de conciencia e do segredo profesional.
Despois de atravesar por unha etapa de estancamento e incerteza, a APSC renaceu a comezos do presente século reforzando os seus principios de actuación. En pouco tempo veu afianzar os seus intereses, medrar considerablemente os seus servizos e actividades e, como froito de todo isto, incrementar a súa lista de socios e socias.
Sen saírse desta liña de traballo, a APSC pretende para o futuro próximo reforzar os seus lazos coa cidade de Santiago de Compostela abordando temas de utilidade e interese cultural para os seus concidadáns.
Sede
Na actualidade, a asociación ten a súa sede na rúa Carlos Maside, 7 de Santiago de Compostela (15704), para levar a cabo as labores básicas de administración e loxística. O seu apartado de Correos é o 191 e os seus teléfonos 689 686 924. O correo electrónico é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Estatutos
Podes consultar en liña os estatutos da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC).
Xunta directiva
A actual xunta directiva da APSC está formada por:
Presidente: Luis Menéndez
Vicepresidente: X. Francisco Rodil
Secretario: Rebeca Munín
Tesoureira: Carme Prado
Vogais:
José Luis López Vila
Áurea Sánchez
Rafael Cid
Xoán Salgado
Baldomero Cores
Xulia Campo
Juan Salgado
Joel Gómez
Jessica Pintor
Máis información sobre a xunta directiva.