Violencia de xénero. Unha verdade incómoda.

 

 

 

 

A presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), Áurea Sánchez, ofreceu unha conferencia-coloquio sobre a violencia de xénero que se transmite nos medios de comunicación. O acto tivo lugar na Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón e estivo presidido pola concelleira de Igualdade, Carme Lois. Un acto organizado dentro do programa de actividades que o Concello de Padrón vai desenvolver para conmemorar con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro día 25 de novembro.

 

De esq. a der. Lois Gil, mestre de filosofía, Carmen Lois, concelleira de Igualdade, e Áurea Sánchez, presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC.

 

 

                                                                                                                                                   Áurea Sánchez

Baixo o título: "Violencia de xénero. Unha verdade incómoda", a xornalista debuxou "unha realidade pouco optimista en canto ao compromiso dos medios de comunicación coa igualdade de xénero se refire". Asegurou que "a violencia contra ás mulleres debería ser unha cuestión política e xornalística de maior importancia".

Áurea Sánchez fixo referencia á Declaración de Compostela, documento aprobado hai dez anos polos xornalistas ao redor de como tratar as informacións sobre a violencia de xénero nos medios de comunicación e dixo que “non se está cumprindo”.

En canto ás orixes da violencia de xénero, sinalou que "están na cultura patriarcal que se basea en estereotipos de xénero". Tamén indicou que "nas noticias analizadas aínda se ven desculpas do agresor e explicacións que botan a culpa ás mulleres dos actos violentos que sofren".

 

 

Asistentes á charla "Violencia de xénero. Unha verdade incómoda".

search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras