A UNESCO patrocina un plan de acción para chegar a igualdade de xénero nos medios de comunicación en todo o mundo no ano 2030

Cando se cumpren vinte años de la IV Conferencia Mundial sobre la Muller, celebrada en Pequín, a UNESCO, a través da Alianza Global para os Medios de Comunicación e o Xénero (GAMAG, polas súas siglas en inglés) toma o relevo e deseña un plan de acción propio que ten dous obxectivos concretos: o primeiro consiste en incrementar a participación e o acceso das mulleres ós  medios e ás decisións que se toman sobre os contidos e, en segundo lugar, promover unha imaxe equilibrada e non estereotipada das mulleres nos medios de comunicación.

O plan de acción debateuse durante catro días na sede da UNESCO en Xenebra. Ós debates asistiron empresarios dos medios de comunicación, representacións académicas, de Gobernos e organizacións profesionais. No caso da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), tivo como observadora a vogal da Directiva Áurea Sánchez.

Os principios que proclama GAMAG son os de ser unha alianza comprometida coa legalidade internacional e o respecto ás culturas diversas. Nútrese de voluntarios e voluntarias de todo o mundo que son escoitados polas súas aportacións e achegas. Finalmente, a Alianza, como entidade sen ánimo de lucro, comprométese a operar nunha liña democrática que inclúe igualdade de xénero, rexional, cultural e respecto á variedade lingüística.

A UNESCO ten un papel de líder na Alianza en cooperación coa Unidade de Nacións Mulleres (UN Women). Colaboran tamén outras axencias de Nacións Unidas, de desenvolvemento internacional, sociedade civil e outros futuros socios.
 

Enlaces:
https://www.facebook.com/genderandmedia/?fref=ts
https://twitter.com/tweet_gamag



search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras