Conferencia de Áurea Sánchez, membro da directiva da APSC

 

 

                                                          

 

Para contribuír á conmemoración do Día da Muller, o Museo do Pobo Galego organiza conferencias a cargo dunha profesional das ciencias sociais, nesta ocasión é Áurea Sánchez, membro da directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, a que intervirá, ofrecendo unha análise dos estudos sobre Comunicación e Xénero que se levan feito en Galicia nos últimos anos.

Presentará como caso de estudo o mesmo que nun dos seus últimos libros, o das 'Marías', as irmáns Maruxa e Coralia Fandiño Ricart.

A conferencia terá lugar o día 6 de marzo, ás 19:hrs, no Museo do Pobo Galego, baixo o título "Xornalismo pola Igualdade de Xénero".

 

Páxina web do Museo do Pobo Galego

Agrupación de Mulleres Xornálistas

 

A Agrupación de Mulleres Xornalistas (AMX),  foi creada no ano 2007 no núcleo da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), como unha comisión encargada dos temas de xénero.

Entre os seus obxectivos figuran os de procurar a igualdade de representación de mulleres e homes nos órganos de decisión dos medios de comunicación. No tratamento da información xornalística, avoga pola igualdade e o rexeitamento da violencia de xénero.

Para promover a igualdade de xénero e mellorar o tratamento que reciben as informacións sobre violencia, a agrupación ven de crear dúas mencións xornalísticas, unha pola igualdade  e outra contra a violencia de xénero.

A Mención Xornalística pola Igualdade vai premiar os traballos publicados nos medios de comunicación que se distingan por unha información defensora dos valores da equidade entre  mulleres e homes. A primeira mención outorgarase arredor do Día Internacional da Muller, que se celebra o día 7 de marzo.

Do mesmo xeito, a Mención Xornalística contra a Violencia de Xénero, outorgarase arredor do 25 de novembro. Con esta mención, a AMX promove nos medios de comunicación unha información acorde coas políticas que perseguen un tratamento de rexeitamento da violencia contra as mulleres e apoio ás vítimas.

Para pertencer a esta agrupación, hai que formar parte da Asociación de Periodistas de Santiago  (APSC) e mostrar a vontade de participar.

 

Comisión da AMX-APSC

  • Áurea Sánchez, Presidenta
  • Xulia Campo, vicepresidenta
  • Rebeca Munín
  • Jessica Pintor
  • Carolina Carballedo
  • María Carme Domínguez
  • Marta González Salve
  • Meyling Tang

 

 


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras