Carme Prado, xornalista da Televisión de Galicia (TVG), distinguida pola xunta como unha das doce "transgresoras" no día internacional da muller 2016

 
A xornalista Carme Prado foi distinguida pola Xunta de Galicia no Día Internacional da Muller  2016 como unha das doce “transgresoras”.  A selección, levada a cabo pola pola Secretaría de Igualdade, destacou a outras once mulleres nos campos do deporte,  as artes, a ciencia, a medicina, medios de comunicación e a música.
 
Carme Prado forma parte da Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), e foi distinguida por ser una das primeiras editoras dos informativos da Televisión de Galicia.
 
O premio na modalidade dos medios de comunicación tamén recaeu na directora e presentadora do programa Boas Tardes  da TVG, Noelia Otero, por ser unha das que representa ás novas xeracións de mulleres nos medios de comunicación.
Tanto as que comezaron a traballar nas redaccións hai décadas, como as que están agora, tiveron e teñen retos que superar atrancos para acadar a igualdade de xénero.
 
Áurea Sánchez, presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas (AMX).
 
 
Na fotografía superior: Carme con Encina Ramos e Marta.

A UNESCO patrocina un plan de acción para chegar a igualdade de xénero nos medios de comunicación en todo o mundo no ano 2030

Cando se cumpren vinte años de la IV Conferencia Mundial sobre la Muller, celebrada en Pequín, a UNESCO, a través da Alianza Global para os Medios de Comunicación e o Xénero (GAMAG, polas súas siglas en inglés) toma o relevo e deseña un plan de acción propio que ten dous obxectivos concretos: o primeiro consiste en incrementar a participación e o acceso das mulleres ós  medios e ás decisións que se toman sobre os contidos e, en segundo lugar, promover unha imaxe equilibrada e non estereotipada das mulleres nos medios de comunicación.

O plan de acción debateuse durante catro días na sede da UNESCO en Xenebra. Ós debates asistiron empresarios dos medios de comunicación, representacións académicas, de Gobernos e organizacións profesionais. No caso da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), tivo como observadora a vogal da Directiva Áurea Sánchez.

Os principios que proclama GAMAG son os de ser unha alianza comprometida coa legalidade internacional e o respecto ás culturas diversas. Nútrese de voluntarios e voluntarias de todo o mundo que son escoitados polas súas aportacións e achegas. Finalmente, a Alianza, como entidade sen ánimo de lucro, comprométese a operar nunha liña democrática que inclúe igualdade de xénero, rexional, cultural e respecto á variedade lingüística.

A UNESCO ten un papel de líder na Alianza en cooperación coa Unidade de Nacións Mulleres (UN Women). Colaboran tamén outras axencias de Nacións Unidas, de desenvolvemento internacional, sociedade civil e outros futuros socios.
 

Enlaces:
https://www.facebook.com/genderandmedia/?fref=ts
https://twitter.com/tweet_gamag


Programa da xornada de debate da Agrupación de Mulleres Xornalistas en Santiago

AS FONTES DE INFORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO
25 de novembro de 2015
 
10,30 h. Apertura Susana López Abella, secretaria de Igualdade da Xunta e Marta Lois, concelleira de Igualdade do Concello de Santiago
11,30 h. Proxección do documental: “La mujer, cosa de hombres”, de Isabel Coixet
12 h. Intervencións portavoces asociacións vítimas de violencia de xénero Ve-la luz, Si, hai saída, Plataforma contra a violencia de xénero e revista Andaina.
13 h. Debate sobre “As fontes de información en violencia de xénero”
14 h. Clausura da xornada
 
Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Santiago, campus norte.
 
Organiza: Agrupación de Mulleres Xornalistas da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC)
 
Colaboran: Secretaría Igualdade da Xunta, Concellaría de Igualdade Concello de Santiago, Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.
 

Ampliar o abano de fontes de información para tratar o tema da violencia de xénero nos medios de comunicación, unha das propostas da AMX

 
No Día Internacional contra a Violencia de Xénero, A Agrupación de Mulleres Xornalistas, da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC), organizou a xornada de debate AS FONTES DE INFORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO.
 
O acto, que tivo lugar na facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, foi inaugurado pola secretaria de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, e a concelleira de Igualdade do Concello de Santiago, Marta Lois.
 
Convidadas á xornada asistiron Marta Rodriguez, da asociación Sí, hai saída a violencia de xénero en Lugo, Pilar Estévez, da Plataforma contra a violencia de xénero e Ana Arellano, como representante de Andaina, revista galega de pensamento feminista.

Xornada de debate da Agrupación de Mulleres Xornalistas en Santiago

A Agrupación de Mulleres Xornalistas, pertencente á Asociación de Periodistas de Santiago, convida á cidadanía e aos profesionais da comunicación á súa xornada de debate sobre: AS FONTES DE INFORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO.
 
A cita terá lugar o:
25 de novembro, 
ás 10:30 horas,
na Facultade de Ciencias Comunicación, no campus norte da Universidade de Santiago.
 
Non faltes!
 

search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras