Xunta Directiva

 

 

PRESIDENTE

                                                                                                                                             

 

Luís Menéndez Vilalba Ourense (Ourense) 1959

 

Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid (1976-81). Traballou en La Región, El Ideal Gallego, Radio Galicia (SER) e Televisión de Galicia, amén de numerosas colaboracións en distintos xornais, revistas e axencias de noticias. Especialista en documentais de viaxes. Dirixiu programas como “Galicia no Mundo”, “Europa”, “Galeguidade”, “Terras de Merlín”, “Terras do Leste” e “Terras de Acolá”. Premios: “TP” a programas informativos (1989), “Alvaro Cunqueiro” para escritores e xornalistas (1983) e “Premio Galicia de Xornalismo” (1990) e “José Aurelio Carracedo” (2004). Ten publicado “Toda a Terra é dos Homes (Galaxia 93) “Vida e Viaxes na Galeguidade” (Xunta de Galicia 96) e "Galleira Passport" (Alvarellos,2014). Foi membro electo (2013-16) do comité executivo da Federación Internacional de Periodistas (IFJ), e actualmente da directiva da Federación  Europea de Periodistas (EFJ) así como da executiva da FAPE. 

 

 

VICEPRESIDENTA
 

                                                                                                                                   

 

Xulia Campo Vázquez Mos (Pontvedra) 1967

 

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou no Atlántico Diario de Vigo e no 1990 incorporouse como redactora aos Servizos Informativos da Televisión de Galicia (TVG). Foi presentadora e reporteira dos programas "O Agro" e "Labranza" e directora e editora de varios espazos informativos como "A Revista", "Bos Días", "Galicia Directo", "Informativo local de Santiago", "A Solaina" e "Revista da Tarde". 

Entre 1992 e 1994 foi redactora xefa da revista especializada "Agroculutra". Dende o 2006, pertence á directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, como Secretaria. Na actualidade, ocupa o cargo de Vicepresidenta. Ademais é fundadora da Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC (AMX) e da Asemblea Nacional de Mulleres Xornalistas.

 

 

SECRETARIA

                                                                                                                                      

 

María Belén Baños Riádigos Santiago de Compostela (A Coruña) 1977

 

Licenciada en ciencias da Información - Xornalismo e en Comunicación Audiovisual pola USC. Formación complementaria especializada en lingua galega, comunicaicón verbal-non verbal, redes sociais, educación, formación e comunicación de xénero, dereito da información, sistemas de produción, edición e realización e emisións dixitais audiovisuais. En canto á experiencia profesional, conta con dúas décadas de traballo na Corporación de Radio e Televisión de Galicia como directora, editora, presentadora, redactora ee reporteira de directos e diferido en informativos e infomagazines da TVG. Tamén fai colaboracións na Radio Galega e na web da CRTVG. Previamente, foi editora, redactora e presentadora de informativos e magazines en RNE-Santiago e  Televisións Municipais de Melide. Tamén foi xefa de prensa de campañas solidarias e ongs. Guionista, condutora e presentadora habitual de distinto tipo de actos, cerimonias e galas e membra do colectivo "Xornalistas Galegas" e, na CUT, secretaria de mulleres e CRTVG. 

 

TESOUREIRA

 

                                                                                                                                        

 

Mª del Carmen Prado Pico Cospeito (Lugo) 1951

 

Licenciada en xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona. Colaborou coa Voz de Galicia, A Nosa Terra e Radio Mollet. Incorporouse aos Servizos Informativos da Televisón de Galicia en 1985. Neste canle autonómico dirixiu o informativo de Fin de Semana e editou o Telexornal Mediodía, o Bos Días Magazine e os programas A Solaina e A Revista.
 

VOGAIS

                                                                                                                       

                                                                                                                                          

 

Juan Salgado Fernández Vilar de Barrio (Ourense) 1950

 

Ingresou como colaborador de prensa en La Voz de Galicia, xornal do que foi redactor na súa Delegación en Santiago de Compostela (1974-1977). En 1978 ingresa como redactor en El Correo Gallego, onde ocupou os cargos de Redactor Xefe e Subdirector ate a xubilación en 2015. Foi tamén Defensor do Lector desde decembro de 2004 e Director do semanario "Terras de Santiago".

Dende 1991 e ata 2006 foi o responsable de edición do "Anuario", da "Guía da Comunicación de Galicia" e da "Axenda Municipal de Galicia", así como da "Fonoteca-92" e dos libros "¿Quién es quien en la Galicia del S. XXI?", "Hijos Predilectos y Adoptivos de Galicia" e da "Guía cidadá do Concello de Santiago" en 2003 e 2006 editados por El Correo Gallego, do que segue a ser colaborador. Foi director e presentador do programa "Así cata Galicia" da Radio autonómica e co-guionista de "Man con Man" da CRTVG.

Premio Galicia de Comunicación (1999) á mellor traxectoria profesional en prensa escrita. Premio Coren de Periodismo (2017).

 

 

                                                                                                                                              

 

Luis Celeiro Álvarez Samos (Lugo) 1955

Licenciado en Ciencias da Información (rama de xornalismo), pola Universidade Complutense de Madrid, e doutor en Socioloxía e Ciencia Política, pola Universidade de Santiago de Compostela, na que traballa actualmente como xefe do Gabinete de Comunicación e na que foi profesor Asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación.

O seu traballo como investigador céntrase na comunicación nas organizacións e no Camiño de Santiago como espazo de comunicación. Temáticas sobre as que dirixiu varios traballos, entre eles unha tese doutoramento, na que se analizaron os novos instrumentos de comunicación dos concellos en Galicia.

 

 

                                                                                                                                      

   

Rafael Cid Fernández Tamagos-Verín (Ourense) 1961

 

Licenciado en Filoloxía Hispánica e tamén en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e en Xornalismo pola Universidad de Navarra.

Realizou prácticas en La Voz de Galicia , xornal no que posteriormente colaborou, así como con La Región. Traballou en Televisión de Galicia e no Centro Territorial de Galicia de TVE, onde foi xefe de Programas e Informativos e onde actualmente é director de RTVE-Galicia. 

Guionizou e dirixiu o documental “Carrilanos, os túneles dun tempo” sobre a construcción do ferrocarril entre Puebla de Sanabria e Ourense que mereceu varios premios. Sobre o mesmo tema publicou (en Edicións Xerais) un libro, que inclúe DVD co documental. Da súa autoría é outro documental, “Queda alguén aí?”, sobre a perda de poboación no rural.

Foi profesor asociado de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

 

 
                                                                                                                                               
 

Silvia Roca A Coruña (A Coruña) 1981

Licenciada en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago. Combina o labor xornalístico coa produción audiovisual e a investigación no ámbito das Ciencias da Comunicación e os Estudos Culturais. Traballou como redactora de informativos e editora do espazo Bos Días Magazine da CRTVG, foi responsable de comunicación do Auditorio de Galicia, coordinadora de produción e montadora de diversos formatos para cinema e televisión. Na actualidade, é investigadora e xestora de proxectos de I+D+i na USC e xornalista autónoma. Forma parte da directiva da APSC dende 2018 e é tamén integrante da asociación feminista Xornalistas Galegas. Participa en diversas asociacións de investigación en comunicación, como AGACOM, AE-IC, ECREA e IAMCR.

 

 

SUPLENTES

 

                                                                                                                                            
 
Gloria Varela Bondelle Villapene-Cospeito (Lugo) 1983
 
Licenciada en Xornalismo, especialidade en Xornalismo Audiovisual, pola Universidade de Santiago de Compostela (2005) obtendo ao ano seguinte a especialidade en Xornalismo Electrónico e Multimedia. Máster en Márketing Político: Estratexias de Comunicación Política, tamén pola USC no ano 2005-2006. Finalmente, Diploma en Estudos Avanzados en Procesos Políticos Contemporáneos pola USC e Máster en Dirección de Protocolo, Produción, Organización e Deseño de eventos pola Universidade Camilo José Cela (UCJC) no 2016.  
 
Comezou a súa andaina profesional como bolseira nos servizos informativos na delegación da Televisión de Galicia en Lugo no 2003. Un ano despois retomou a bolsa de estudos nos servizos informativos de TVG en Santiago, dende ese momento e ata o ano 2014 realizou labores de redacción, edición e dirección nos servizos informativos da televisión pública galega. Dende o 2015 traballa no gabinete de Comunicaicón do Grupo Parlamentario Popular no Senado. Forma parte da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela dende o ano 2004. 
 
 
 
 
                                                                                                                                              
 
 
Luis Negro Marco Bello (Teruel) 1963 
 
Licenciado en Xeografía e Historia (especializado en Arqueoloxía) e Xornalista: membro da "Asociación de la Prensa de Aragón" [2000-2008], e dende 2008, membro da APSC, Asociación da que dende 2018, forma parte da sua Xunta Directiva. Durante o curso escolar 2011-2012, traballou como profesor de literatura española en Guinea Ecuatorial –no Instituto dos PP. Escolapios na cidade de Bata-, centro no que lanzou unha revista escolar, centrada no desenvolvemento do xornalismo na aula.
 
Como arqueólogo participou en numerosas campañas de escavación, moitas delas en Galicia, que abarcan todos os períodos históricos (dende a Prehistoria ata a arqueoloxía industrial). Como xornalista, comezou a publicar artigos en 1995 no "Diario de Teruel", e depois continuou a colaborar nas revistas aragonesas "Trébede", “Siete de Aragón” e “Viajar por Aragón ". Do 2000 ao 2005 colaborou no semanario "El Iris", de Menorca, e durante algúns anos escribiu críticas literarias para a revista "Turia".
 
É o autor de varios artigos de historia militar que foron publicados na revista "Ejército" e na "Revista de Historia Naval". Na actualidade -dende 2013- é colaborador estable de "El Periódico de Aragón" e a revista mensual "La Gaceta de Guinea Ecuatorial". Actualmente está a realizar a súa tese de doutoramento (cuxo tema de investigación está centrado na educación relixiosa en España durante os séculos XVIII e XIX) na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
 
 
 
 
 

search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras