HOMENAXE A FELIPE SUÁREZ

 

 

AVISO:

Institucións, compañeiros, familiares e amigos do xornalista e socio da APSC, Felipe Suárez, están a organizar unha gran homenaxe en Vilagarcía como recoñecemento ao seu apoio durante 40 anos na loita contra o tráfico de drogas. O noso compañeiro, -feliz pre-xubilado de Radio Arousa-SER-  foi promotor e presidente da Plataforma Galega contra o Narcotráfico, así como gran impulsor tamén do deporte no Salnés. Felipe, que levou o Premio Ondas e escribiu o libro “Operación Nécora”, será o protagonista do xantar-homenaxe que terá lugar o vindeiro día 17 de outubro, venres, ás 15.00 horas no Restaurante Sena, de Caldas de Reis.

 

Todos os que queirades sumarvos ao acto tedes que ingresar 30€ na c/c ABANCA a nome de Fernando Salgado Varela, número:

ES04 2080 5067 1130 4005 2224

Apuntarse antes do 7 de outubro. Dicir que é para homenaxe a Felipe Suárez.


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras