A FAPE PRESENTA EN LONDRES O INFORME SOBRE A SITUACIÓN DO XORNALISMO EN MÉXICO

O comité executivo da Federación Internacional de Periodistas (FIP), que tivo lugar esta fin de semana en Londres, deu o visto e prace ao informe sobre xornalismo e impunidade en México, presentado polo delegado para as relacións internacionais da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) e presidente da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC), Luís Menéndez, quen formou parte da misión internacional da FIP o pasado mes de setembro ao citado país centroamericano, xunto a representantes de Alemaña, Brasil e Perú.

No citado informe destácase a gravísima situación pola que atravesa a profesión en México, con máis dun centenar de xornalistas mortos na última década, sen que esta sexa unha cifra real xa que se da por feito que son moitos máis. O medo aos cárteles da droga e á propia presión oficial (máis do 60% das agresións proceden, directa ou indirectamente, das autoridades, segundo o propio goberno) fai que numerosos crímenes queden ocultos e impunes. Segundo a Comisión de Dereitos Humanos non existe a día de hoxe nin unha soa sentenza xudicial que faga xustiza aos asasinatos, desaparicións e ameazas constantes aos xornalistas mexicanos.

Para máis detalle, mira o informe completo adxunto, clicando aquí.


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras