A Asociación de Periodistas de Santiago lamenta a perda de Begoña Caamaño

A Asociación de Periodistas de Santiago (APSC) lamenta o pasamento da escritora e xornalista galega Begoña Caamaño, quen morreu o día luns 28 de outubro de 2014, vítima dun cancro.

Xornalista da Radio Galega, Begoña Caamaño representou á seiva nova e valente da prensa e a literatura galega a prol da defensa da lingua e dos valores do país, como o demostrou na súa vida profesional e nos numerosos compromisos que adquiriu. Os xornalistas de Compostela renden a súa homenaxe póstuma. Descanse en paz.

 

Xunta Directiva APSC


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras