Mesa-coloquio: "Transmisión de roles e estereotipos, ¿unha cuestión de educación?, ¿de comunicación?".

Achegámosvos esta información a modo de convite para asistir á Mesa-coloquio organizada o venres 7 de novembro, na Casa Museo Rosalía de Castro. Un acto enmarcado dentro do programa de actividades que o Concello de Padrón vai a desenvolver para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro 25 de novembro, e no que estará presente, como conferenciante, Áurea Sánchez -Presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC).

 

 

Contido. A xornalista Áurea Sánchez -Presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC). Experta en comunicación e xénero- exporá durante a súa charla: Violencia de Xénero e medios de comunicación, os principais retos da profesión á hora de comunicar axeitadamente as novas relativas a esta lacra social; ademais de realizar unha aproximación á orixe da mesma.  A charla contará tamén coa presenza de profesionais no eido da educación social, para abordar a importancia dunha educación en valores e analizar o modo en que a violencia machista vaise infiltrando no tecido social mediante a interiorización de roles e estereotipos sexistas. Ao final das ponencias abrirase coloquio.

Destinada á poboación en xeral, se ben son colectivos directos o xuvenil, as ANPAS, o sector educativo e o tecido asociativo.

 

 

search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras