A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO LAMENTA PROFUNDAMENTE O PASAMENTO DO SEU DIRECTIVO BALDOMERO CORES TRASMONTE

 

 

A Xunta Directiva e socios da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela lamenta profundamente o pasamento no día de hoxe do seu socio de honor e directivo Baldomero Cores Trasmonte.

Baldomero Cores (Cee, 1929)  foi un prestixioso e coñecido xornalista que abordou numerosas actividades relacionadas coa profesión, en diarios como El Correo GallegoLa Voz de GaliciaEl Pueblo Gallego ou La Noche. Xurista, foi o primeiro letrado do Parlamento de Galicia, participando activamente no desenvolmento da lexislación autonómica. Profesor de Ciencias Políticas da Universidade Complutense de Madrid, impartiu a súa docencia a varias xeracións de xornalistas galegos. Tamén foi Catedrático de Socioloxía da Univesidade de Porto Rico. Escribiu numerosos libros e obras de ensaio e investigación, así como biografías de ilustres persoeiros do mundo da prensa como Alfredo Vicenti.

Os xornalistas da APSC senten con dor a perda irreparable dun compañeiro exemplar, que exerceu sempre o seu maxisterio con sabiduría, dignidade e xenerosidade.

Socio de Honor da Asociación de Periodistas de Santiago dende xaneiro de 2012, os seus restos mortais están sendo velados no tanatorio compostelán de Boisaca no día 24 de decembro. No día de 25 de decembro ás 13:30 haberá unha misa funeral polo seu eterno descanso na capela do mesmo tanatorio. Á vez que envía unha grande aperta de cariño a súa familia, prega aos socios e xornalistas de Santiago e Galicia, en xeral, o teñan no seu recordo permanente.


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras