Áurea Sánchez participa como observadora no debate do plan de acción da UNESCO para chegar a igualdade nos medios de comunicación

Cando se cumpren vinte años de la IV Conferencia Mundial sobre la Muller, celebrada en Pequín, a UNESCO, a través da Alianza Global para os Medios de Comunicación e o Xénero (GAMAG, polas súas siglas en inglés) toma o relevo e deseña un plan de acción propio que ten dous obxectivos concretos: o primeiro consiste en incrementar a participación e o acceso das mulleres ós  medios e ás decisións que se toman sobre os contidos e, en segundo lugar, promover unha imaxe equilibrada e non estereotipada das mulleres nos medios de comunicación.

O plan de acción debateuse durante catro días na sede da UNESCO en Xenebra. Ós debates asistiron empresarios dos medios de comunicación, representacións académicas, de Gobernos e organizacións profesionais. No caso da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), tivo como observadora a vogal da Directiva Áurea Sánchez.

Para leer máis no apartado da Agrupación de Mulleres Xornalistas ou premendo neste enlace.


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras