Carme Prado, xornalista da Televisión de Galicia (TVG), distinguida pola xunta como unha das doce "transgresoras" no día internacional da muller 2016
- Detalles
-
Categoría: Mulleres Xornalistas
-
Visitas: 390
A xornalista Carme Prado foi distinguida pola Xunta de Galicia no Día Internacional da Muller 2016 como unha das doce “transgresoras”. A selección, levada a cabo pola pola Secretaría de Igualdade, destacou a outras once mulleres nos campos do deporte, as artes, a ciencia, a medicina, medios de comunicación e a música.
Carme Prado forma parte da Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), e foi distinguida por ser una das primeiras editoras dos informativos da Televisión de Galicia.
O premio na modalidade dos medios de comunicación tamén recaeu na directora e presentadora do programa Boas Tardes da TVG, Noelia Otero, por ser unha das que representa ás novas xeracións de mulleres nos medios de comunicación.
Tanto as que comezaron a traballar nas redaccións hai décadas, como as que están agora, tiveron e teñen retos que superar atrancos para acadar a igualdade de xénero.
Áurea Sánchez, presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas (AMX).
Na fotografía superior: Carme con Encina Ramos e Marta.