A Fundación Curros Enríquez, a Facultade de Ciencias da Comunicación, o Colexio de Xornalistas e a Asociación da Periodistas de Santiago presentan o Premio de Xornalismo “Adiante-forward”, destinado a xornalistas de menos de 30 anos

 

O premio, patrocinado por unha familia de emigrantes de Celanova residentes en Florida (EEUU), consiste na concesión dunha bolsa de 3.000 euros destinada a completar formación mediante cursos específicos, realización de practicas en medios de referencia ou desenvolvemento dalgún proxecto editorial.
 
Convoca: Fundación Curros Enríquez
 
Lugar:  Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela)
 
Data: Xoves, 3 de setembro
 
Hora: 11,00 horas
 
Tema: Presentación do Premio de Xornalismo “Adiante-forward”, destinado a xornalistas de menos de 30 anos
Participan: 
  • José Luís Ferro Iglesias. Presidente da  Fundación Curros Enríquez e Alcalde de Celanova.
  • Xosé Ramón Pousa. Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
  • Xosé Manuel Pereiro. Decano do Colexio de Xornalistas de Galicia.
  • Luís Menéndez. Presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.
  • Delfín Cid e Frank Cid. Patrocinadores do Premio de Xornalismo.
  • Antonio Piñeiro. Secretario da Fundación Curros Enríquez. 
 

Observacións:

Conscientes do permanente estado de mudanza no que vive a profesión xornalística, así como das dificultades que os novos xornalistas teñen para acceder ó mercado laboral logo de rematar a primeira fase (é dicir, a universitaria) do seu proceso formativo…
Conscientes, así mesmo, das serias dificultades que os profesionais que empezan a desenvolver o seu labor en calquera soporte informativo teñen para poderen chegar ó receptor da información con nome propio…
Conscientes finalmente, de que aínda que existen multitude de concursos, recoñecementos e galardóns xornalísticos, a práctica totalidade deles están pensados para xornalistas que contan cunha ampla traxectoria profesional e cunha firma en moitos casos xa recoñecida ó ser avalada por anos de experiencia…
Tendo en conta tamén que Curros Enríquez empezou a relacionarse co xornalismo a unha idade moi nova e mesmo a traballar en Madrid no xornal “El Imparcial”, gracias a un concurso convocado por ese xornal, que lle permitiu logo desenvolver a súa traxectoria vital dedicada ó xornalismo…
E contando, finalmente, co patrocinio da familia Cid e coa colaboración do Concello de Celanova, a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Centro Pen de Escritores de Galicia, a Fundación Curros Enríquez decidiu crear o Premio de Xornalismo “Adiante-forward” para xornalistas de menos de 30 anos.
 
TEMÁTICA PROPOSTA PARA ESTA PRIMEIRA EDICIÓN:
 
O despoboamento de Galicia e as súas consecuencias económicas: Cómo reverter a tendencia para non termos que volver emigrar.

search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras