A APSC ESTREA IMAXE CORPORATIVA E NOVA WEB

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), que a finais deste ano 2015 cumprirá 70 anos de existencia, xa ten operativa estes días a súa nova páxina web (www.periodistascompostela.gal) que aporta importantes novidades en contidos e ilustracións e inclúe o novo logo corporativo, obra do deseñador Jorge Godás, que substitúe ao anterior creado, en1982, polo arquitecto Pedro de Llano.

A nova web, ideada polo “webmaster” (administrador de portais dixitais) Olegario Rodríguez, aporta importantes novidades con respecto á anterior como  un “slide” (diapositivas) de fotos no que se alternan panorámicas de Compostela con emblemas e campañas en defensa da profesión. Cun deseño avanzado e moi intuitivo, a nova web abre cunha ampla sección de novas tanto de interese xeral como puramente asociativo, acceso directo á Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), na que está integrada e participa activamente á APSC, numerosos servizos e descontos aos socios e unha sección especial para o colectivo da Agrupación de Mulleres Xornalistas. Tamén subliña un apartado de eventos e premios organizados pola asociación como o "Aymeric Picaud", sobre o Camiño de Santiago, e o "Borobó", que lembra ao gran mestre de xornalistas composteláns.


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras