A APSC mostra o seu pesar pola morte do Padre Isorna

A Asociación de Periodistas de Santiago (APSC) amosa o seu pesar polo pasamento do Padre Isorna, coñecido de sempre pola prensa compostelán antes e despois das súas responsabilidades como encargado para as relacións cos Medios de Comunicación do Arzobispado de Santiago. O padre Isorna tiña abondosos lazos afectivos e de amizade con moitos xornalistas da nosa cidade, e foi unha figura entrañable para la audiencia televisiva galega a través do seu maxisterio coa emisión semanal da misa en galego pola TVG.
 

A APSC ofreceulle unha agarimosa homenaxe hai catro anos e hoxe, máis ca nunca, envíalle a derradeira aperta, que extende aos seus familiares.

 
 

search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras