O CONCELLO DE SANTIAGO APROBA POR UNANIMIDADE A CREACIÓN DO CENTRO DE PRENSA DE COMPOSTELA

Estará no casco histórico da cidade e será xestionado profesionalmente pola Asociación de Periodistas de Santiago.

 

Santiago, 17.06.2016.- Por unanimidade de todos os grupos políticos da cámara municipal, o ultimo pleno do Concello de Santiago celebrado o xoves 16 aprobou por unanimidade unha moción presentada polo grupo socialista para a creación do Centro de Prensa Compostela / Compostela Press Center. Tanto os voceiros de Compostela Aberta como do PPdeG e do BNG manifestáron o seu acordo en unir esforzos para que a capital de Galicia dispoña dunha ubicación digna na zona noble da cidade que sirva de “meeting point” para os xornalistas de todo o mundo que de cotío visitan Compostela. Neste sentido o PP engadiu unha enmenda de mellora da moción para que, aparte do Concello, outras institucións poidan colaborar, enmenda que foi aceptada tamén unanimemente. A iniciativa partiu da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) que será a entidade responsable de xestionar o devandito centro e que este ano está a celebrar o seu 70 aniversario.

O Centro de Prensa Compostela será un “foco de atención para facer cidade” como recalcou o autor da moción, o concelleiro do PsdG-PSOE Paco Reyes, e “non só dará servizo ao mundo do xornalismo senón que tamén estará aberto a colectivos cidadáns e culturais, organizacións gremiais, sindicatos, partidos políticos, líderes sociais, etc...que requiran un lugar neutral, xestionado por profesionais, onde difundir as súas mensaxes, como existe noutras cidades de España”.

O debate e posterior resultado de aprobación por unanimidade foi seguido na tribuna por cinco directivos da APSC os cales, concluída a mesma, agradeceron a todos os voceiros dos grupos políticos o respaldo recibido. En canto ao lugar onde se vai situar o Centro de Prensa Compostela / Compostela Press Center xa se barallan diversos inmobles do casco histórico e en breve haberá unha decisión ao respecto.

 


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras