A ASOCIACION DE PERIODISTAS DE SANTIAGO HOMENAXEA A BOROBÓ CUNHA EDICIÓN ESPECIAL DE “LA NOCHE” E UN ENCONTRO CON ESPECIALISTAS

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) celebrará este domingo 28 de Agosto, unha homenaxe en Pontecesures na honra de Raimundo García Domínguez, “Borobó”, prezado mestre e espello do xornalismo galego, con motivo do seu centenario e o seu decimo terceiro cabodano.

                        Como acto central, a APSC ten previsto celebrar unha mesa aberta ao coloquio no que participarán o xornalista Benxamín Vázquez; o escritor, catedrático e compoñente da “Xeración de La Noche” Gonzalo R. Mourullo; o debuxante, presidente do Club de Prensa de Ferrol e discípulo de “Borobó”, Siro López; e o xornalista e fillo do homenaxeado, Raimundo García.

            “Borobó”, que fora directivo da Asociación da Prensa compostelana (hoxe APSC) e director dos xornais“El Correo Gallego” e “La Noche”, así como columnista de numerosas publicacións, foi sempre un exemplo na defensa da liberdade de expresión e na dignidade profesional, sobre todo en tempos difíciles onde sortear a censura era, máis ca unha habelencia persoal, un risco para a propia existencia.

            Coa fin de lembrar a extensa obra e a singular figura de “Borobó”, a APSC ten preparado diversas actividades ese día, nas que destaca aedición dun número especial de “La Noche”, dedicado ao ilustre periodista que dirixiu o “Único diario de la tarde en Galicia”, desde 1959 ata 1965. Tamén se procederá a o descubrimento dunhapraca conmemorativa na casa onde vivíu, a lectura de textos e a reproducción dunha entrevista feita ao impulsor da recoñecida “Xeración de La Noche”, que formou parte das avangardas literarias da posguerra.


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras