FONDO PESAR DA ASOCIACIÓN DE XORNALISTAS DE SANTIAGO POLO PASAMENTO DO SEU SOCIO DE HONRA XESÚS GARABAL

Santiago, 11.09.2016.- A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) amosa o seu fondo sentir polo pasamento deXesús Garabal Expósito aos 88 anos. Fora Presidente da Asociación da Prensa de Santiago durante 14 anos (1966-1980). Xesús Garabal ostentaba tamén o título de Socio de Honra da APSC, outorgado no ano 2012 nun solemne acto celebrado no salón noble do Concello de Santiago de Compostela. Garabal foi para o xornalismo compostelán un exemplo de esforzo pola homologación profesional e contra o intrusismo na profesión, así como un firme valedor da dignidade laboral e salarial dos xornalistas. Seu devir profesional estivo inzado de moitas anécdotas e visicitudes como corresponde a un xornalista en contacto sempre coa rúa e coas xentes da sociedade na que vivíu. A súa especialización en temas agropecuarios deulle renome en toda Galicia. Os xornalistas composteláns, por medio da APSC,  tributan a súa merecida homenaxe de respecto e afecto, que trasladan a súa familia e amigos. Que a terra lle sexa leve.


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras