A APSC LAMENTA O CRIME DE VIOLENCIA DE XÉNERO CONTRA UNHA XORNALISTA BURGALESA

Santiago, 04.11.2016.- A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela  (APSC) lamenta profundamente a morte da compañeira xornalista de Burgos, Yolanda Pascual, que foi asasinada polo seu ex-marido, nun novo crime de violencia de xénero.

A APSC manifestou o seu pesar á presidenta da Asociación de Prensa de Burgos (APB), Mar González, e a todos os compañeiros desa agrupación coa que a APSC ten desde tempo numerosos lazos profesionais e afectivos, como asociaciones hermanadas na FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España) e na Liga de Asociacións de Periodistas do Camiño de Santiago. 


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras