O investigador Paolo Caucci von Saucken, Premio Internacional Aymeric Picaud sobre o Camiño de Santiago

A Liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño de Santiago decidíu por unanimidade outorgar o IV Premio Internacional Aymeric Picaud del Camino de Santiago a este investigador, xornalsta, catedrático e veterano difusor do Camiño de Santiago

 

León 05.12.2016.- A LIGA de Asociacións de Xornalistas do Camiño de Santiago, que agrupa preto de 2.000 profesionais da información, decidíu por unanimidade outorgar o IV Premio Internacional Aymeric Picaud del Camino de Santiago ao investigador, xornalista, ensaísta, catedrátic e veterano difusor do Camiño de Santiago, o italiano Paolo G. Caucci Von Saucken.

Para a LIGA,que agrupa as asociacións de Navarra, Aragón, La Rioja, Palencia, Burgos, León, Lugo e Santiago de Compostela (todas elas membros da Federación Españoa de Xonralistas), Paolo Caucci represnenta, segundo recolle a acta do xurado, "toda unha vida deidcada a promover os valores xacobeos, a protección do Camiño e a difusión internacional do fenómeno da peregrinación como esencial para a cultura Europea". 

Os xornalistas tamén indicaron que "a trascendencia xornalística, crítica e pública da cuantiosísima obra de Caucci está fóra de toda dúbida e é merecedora da autorizada opinión dos mellores expertos na materia". 

Por último, destacouse a "permanente presenza activa no Camiño con loables inciativas como a apertura dun albergue tradicional en San Nicolás, provincia de Burgos, promovido pola Confraternitade San Jacobo de Perugia, Italia, que preside". 

O acto de entrega do IV Premio Internacional Aymeric Picaud, terá lugar o próximo sábado 21 de Xaneiro no Hostal Parador Nacional de San Marcos, na cidade de León que, entre outros patrocinadores, conta con sinaturas como Editorial Siloé, de Burgos e Correos España. 


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras