Javier Hernandez Aguirán visita Compostela convidado pola Asociación de Periodistas de Santiago

O xornalista aragonés é un exemplo mundial de motivación. Naceu sen brazos e

ten alta disfuncionalidade corporal. Impartirá a conferencia “De los piés a la

cabeza” o mercores 5 de Abril as 20 horas na Cámara de Comercio de Santiago.

 

Santiago, 03/04/2017.- Escribe os seus traballos cos dedos dos pés logrando acadar

máis de 200 pulsacións por minuto, foi medallista paraolímpico en natación, é director e

seleccionador deportivo e foi o terceiro europeo en conseguir o carnet conducindo cos

pés. Chámase Javier Hernández Aguirán, ten 38 anos e visita por vez primeira

Compostela, convidado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

(APSC), quen ten preparada una serie de actividades informativas na que destaca a

conferencia que impartirá no salón de actos da Cámara de Comercio o mércores 5 de

Abril as 20 horas con entrada libre. O acto leva por título “Conferencia motivacional:

de los piés a la cabeza”, tomando o nome da súa asociación coa que ten impartido

cursos, conferencias e actividade motivacionales por todo o mundo e transmitindo unha

moi especial filosofía de vida, acción, vontade e intelixencia.

 

Ver::

https://youtu.be/KGvjq58GCk8

www.delospiesalacabeza.org


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras