Javier Hernández pronuncia o seu relatorio motivacional


O xornalista aragonés Javier Hernández Aguirán celebrou o acto previsto na Cámara de Comercio de Santiago, convidado pola APSC, e que titulou "De los pies a la cabeza. Conferencia motivacional". Na súa disertación, ilustrada con numerosos exemplos, Javier puxo como referencia vital para solventar os problemas cotiás á súa propia discapacidade (ten un 90%, naceu sen brazos e unha perna máis longa ca outra), que o obrigou a manter sempre un espiritu de superación centrado na motivación e na consecución de metas imposibles. "Valora o que tés, non o que te falta", subraiou Javier Hernández, para rematar co seu axioma de "Centra os teus esforzos na solución, non no problema".

Xornalista, escritor, medallista paraolímpico, director deportivo, coach executivo, Javier Hernandez Aguirán deunos un exemplo de superación extraordinario, coma resaltou a nosa directiva Xulia Campo, que exerceu de presentadora e moderadora do posterior e interesante debate.

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 

search
Copyright ©2017 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras