O CONSELLO DA CULTURA GALEGA DIFUNDE UNHA PUBLICACIÓN DIXITAL SOBRE A HOMENAXE A BOROBÓ ORGANIZADA POLA APSC

Santiago, 12.07.2017.- O Consello da Cultura Galega publicou hoxe na súa web unha publicación dixital que condensa a celebración do centenario do xornalista galego Raimundo García Dominguez, Borobó, celebrado o pasado ano e organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago (APSC).

http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4299

O CCG considerou de alto interese o contido de dito acto no que tomaron parte especialistas na obra do ilustre xornalista galego e que fora director de El Correo Gallego e La Noche, un diario vespertino que, en pleno franquismo, albiscou unha xanela de liberdade para o xornalismo e a cultura galega. Asemade, na homenaxe organizada pola APSC, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Editorial Compostela, recuperouse unha gravación testemuñal de Borobó e tirouse unha edición especial de La Noche, no que aparece, entre outros artigos gran contido literario, o dedicado a Castelao ós poucos días do seu pasamento en Bos Aires e titulado “Daniel” que, miragosamente, sorteou a censura daquel tempo escuro, do ano 1950. Finalmente, no acto celebrado hai agora un ano, descubriuse unha praca conmemorativa na “casa de Lozano” onde residiu Borobó e a súa familia, en Pontecesures (Pontevedra).


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras