A APSC VOLVE A EXECUTIVA ESPAÑOLA DE PERIODISTAS NA CANDIDATURA DE NEMESIO RODRIGUEZ, NOVO PRESIDENTE DE FAPE EN SUBSTITUCION DE ELSA GONZALEZ

A asemblea de Fape, celebrada en Salamanca, aprobou a celebración da súa Asemblea Anual en Santiago de Compostela no ano 2021, coincidindo coa celebración do Xacobeo

Salamanca, 15.04.2018.- Por 328 votos a favor, 181 en contra e 31 abstencións, a candidatura presidida por Nemesio Rodríguez (Ferrol, 1950), da Asociación da Prensa de Madrid (APM) foi a gañadora da LXXIX asamblea nacional da FAPE (Federacion de Asociacións de Periodistas de España) celebrada esta fin de semana na cidade de Salamanca. Ao acto asistiron preto de 200 xornalistas representantes de 72 asociacións de toda España. A lista de Rodríguez impúxose con claridade á presentada por Javier Martín Domínguez, presidente do Club Internacional de Prensa de Madrid.

A candidatura de Rodríguez, para o periodo 2018-22, conta na súa directiva co presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), Luís Menéndez (Ourense, 1959), como delegado para as relacións internacionais, cargo que tamén obstentaba coa anterior presidenta Elsa González, que deixa a presidencia da FAPE despois de oito anos. Forman parte tamén da nova dirección dos xornalistas españois Aurelio Martin (APde Segovia), Carolina Fernández (AP de Sevilla), Noa de la Torre (Unió de Periodistas Valenciáns), Esther Aniento (Ap de Aragón), Lola Ceballos (AP Cantabria), Mar Corral e Carlos Sanz (AP de Guadalajara) e os membros da Asociación da Prensa de Madrid, Maria Jesús Chao e David Corral.

Os obxectivos prioritarios para a nova executiva de FAPE, segundo expuso o seu novo presidente, serán “a obrigatoridade de contratos asalariados dignos para os becarios, a derogación da lei mordaza, a recuperación do valor do traballo do xornalista e unha maior presenza nos órgaos de decisión na sociedad civil”. Tamén salientou o carácter plural e territorial da candidatura, así como “a presenza maioritaria de mulleres”.

Pola súa banda, Luís Menéndez destacou o regreso dun representante galego á executiva de FAPE e a continuidade na súa intensa labor internacional como “soporte imprescindible de presencia e solidariedade dos xornalistas españois no exterior”. Menéndez forma parte da directiva da EFJ (European Federation of Journalists) elixido pola asemblea europea de xornalistas celebrada en Sarajevo (Bosnia) hai tres anos. Por último, congratulouse da decisión  da asamblea de FAPE de celebrar a súa asamblea anual no ano 2021 en Santiago de Compostela, coincidindo coa celebración do Xacobeo 2021.

A APSC mantén tamén en postos directivos de FAPE a J.Francisco Rodil, vicepresidente da asociación compostelana, na comisión de Garantías e Asuntos

Profesionais, desde hai seis anos. Esta comisión é clave no desenvolvemento da Federación xa que vela polos principios deontológicos, o acceso á profesión e diversos aspectos de orde xurídica.

Pé de foto:

A nova executiva de FAPE, gañadora das eleccións celebradas en Salamanca. De esquerda a dereita David Corral, Mar Corral, Aurelio Martin, Lola Gallardo, Nemesio Rodriguez (presidente), Maria Jesús Chao, Carlos Sanz, Carolina Fernández, Esther Aniento y Luís Menéndez.

 


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras