A Asociación de Periodistas de Santiago lamenta o pasamento de Ramón Chao

Santiago, 21.05.2018.- A APSC (Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela) lamenta a morte do xornalista vilalbés Ramón Chao, que finou en Barcelona a idade de 82 anos. Para a APSC, "Ramón Chao foi un exemplo incansable de defensa polas liberdade informativas e os principios éticos do xornalismo, durante os tempos más escuros da ditadura franquista desde a súa plataforma radiofónica de París". Chao, pai de Antoine e Manu Chao, fora promotor das emisións en galego desde Radio París e director do departamento de Linguas Ibéricas en Radio France International.


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras