A FAPE recomenda utilizar o "buzón antifraude" aos xornalistas que vexan vulneradas as súas condiciónslaborais ou de prácticas

Nemesio Rodríguez e Aurelio Martín manteñen un encontro con responsables da Oficina Nacional de Loita contra o Fraude

Madrid, 11 de junio de 2018.-  A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) recomenda aos xornalistas que consideren vulneradas as súas condicións laborais que denuncien a situación no Buzón da Loita Contra o Fraude Laboral, que garantiza o anonimato e non deixa rastro na internet. 

A denuncia pódese facer através da seguinte ligazón: 

http://www.empleo.gob.es/buzonfraude/

A FAPE extende dita recomendación aos bolseiros cuxo traballo exceda do Real Decreto 592/2014 que regula as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios. 

O presidente da FAPE, Nemesio Rodríguez, acompañado polo vicepresidente Aurelio Martín, mantiveron un encontro con altos representantes desta Oficina Nacional da Loita Contra o Fraude coa fin de informar sobre as queixas que reciben nesta organización, vencelladas principalmente ao traballo gratuíto e coas prácticas sen remunerar. Tamén lle esixiron o cumprimento do horario, como se o bolseiro formase parte da estrutura do cadro de persoal.

Os directivos da FAPE expuxeron, tamén, a situación dos chamados "falsos autónomos", unha situación fraudulenta cada vez máis frecuente nas empresas xornalísticas. 

A subdirectora da Oficina, Begoña Buces, informou do traballo que se está a realizar por este servizo antifraude laboral neste sector, con campañas de inspección, e das posibilidades que existen para denunciar situacións que poden ser presumiblemente irregulares, tanto e materia de Traballo como de Seguridade Social. 

Tamén destacou que o Plan Estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2018-2020 inclúe actuacións específicas nos campos de bolseiros, prácticas non laborais e falsos autónomos para detectar se mediante estas prácticas encúbrense verdadeiras relacións laborais. 

Nemesio Rodríguez fixo referencia á precariedade laboral que existe na profesión, onde se perderon máis de 12.000 empregos durante a crise, mentres crece o número de universidades que imparten Xornalismo e Comunicación Audiovisual,ademáis de posgrados relacionados con estas materias, cuns 6.000 graduados ao ano, ao tempo que se mantén estancada a demanda de emprego.

A FAPE foi impulsora da Plataforma en Defensa dunhas Prácticas Dignas en Xornalissmo e está adherida á campaña en redes que realiza a Asociación da Prensa de Madrid (APM) baixo o cancelo #gratisnontraballo.

 

 


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras