A CANDIDATURA INDEPENDENTE PROCLAMADA VENCEDORA DA ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

Luís Menéndez inicia o seu cuarto mandato coa Xunta Directiva renovada e paritaria

Santiago, 25.06.2018.- A Candidatura Independente de Xornalistas de Compostela (CIXC), que encabeza o xornalista Luís Menéndez, foi proclamada vencedora das eleccións da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), a organización delegada da FAPE (Federación de Asociacións de Periodistas de España) na capital galega. A decisión tivo lugar despois da provicencia aprobada pola súa Xunta Drectiva, deixando sen efecto a convocatoria electoral do día 28, xa que só se rexistrou unha única candidatura al período 2018-22.

 

   Menéndez, que inicia así o seu cuarto mandato á fronte da APSC, presidirá unhaXunta da que forman parte Xulia Campo (vicepresidenta),  Belén Baños (secretaria), Carme Pardo (tesoureira) e os vogais Rafael Cid, Xoán Salgado, Lois Celeiro e Silvia Roca, sendo suplentes Gloria Varela e LuísNegro. Forman parte tamén, vencellados á dirección da APSC, Xosé Francisco Rodil, como delegado na Comisión de Garantías e Asuntos Profesionais da FAPE, e Áurea Sánchez, como presidanta da Agrupación de Mulleres Xornalistas de Santiago (AMX).

Entre os principais retos do renovado gobernó dos xornalistas composteláns están a organización da asamblea anual da FAPE en Santiago coincidindo co ano Xacobeo 2021, diversos encontros internacionais das executivas das federaciónsInternacional e Europea de Periodistas, das que Menéndez forma parte como representante español e, a nivel local; a consecución do Centro Internacional de Prensa de Compostela, proxecto que está na súa fase de ultimación con diversos organismos e institucións de Santiago e Galicia.


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras