A FAPE e a APSC aceptan a petición de amparo solicitada pola xornalista Tati Moyano tras recibir unha ameaza de despido por parte da empresa pública galega

                                                                                           

 

Madrid, 3 de agosto de 2018.- A Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) e a Asociación de Periodistas de Santiago (APSC), amparan á súa asociada Beatriz (Tati) Moyano ante a ameaza de despido por parte da Televisión de Galicia (TVG), remitida a través de burofax ao seu domicilio particular, e tramitada en base a unha "falta moi grave", según a versión da empresa pública galega, pola "utilización de medios da casa para fins particulares. En concreto, a TVG referíase ao uso por parte da periodista dos servizos de maquillaxe e perruquería antes da súa participación desinteresada, como presentadora, nunha gala contra o cáncro. Moyano, condutora habitual do Telexornal Mediodía, pola súa parte, indicou que seguíu o protocolo previsto pola televisión pública galega para estes casos, con previo aviso aos seus superiores. 

A APSC cualifica esta medida contra a súa asociada como "despoporcionada e vingativa", por parte da televisión pública galega, e "claramente vencellada a que Tati Moyano significouse por participar activamente conta a manipulación informativa na TVG, e polo seu apoio na campaña dos venres negros tanto en RTVE como na CRTVG". Por todo eilo, a APSC e a FAPE outorgan o seu apoio e aceptan a petición de amparo da xornalista, poñendo todos os seus medios e solidariedade ao seu alcance para a súa defensa ante a ameaza de despido. 

 

 

 


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras