O comité directivo da Federación Europea estudará a posibilidade da Asamblea Anual do ano 2020 en Compostela

 

    

 

 

A CÚPULA DO XORNALISMO EUROPEO VISITA SANTIAGO DE COMPOSTELA ESTE LUNS

 

O comité directivo da Federación Europea estudará a posibilidade da Asamblea Anual do ano 2020 en Compostela

 

Santiago, 14.04.2019.- O comité directivo da Federación Europea de Periodistas (EFJ SC), presidido polo danés Mogens Blicher manterá unha intensa xornada de traballo na capital galega este luns 15 de Abril. A delegación, que está composta tamén por representantes de Reino Unido, Rusia, Alemania, Francia, Suiza, Italia, Montenegro, Grecia e España, reunirase no Hostal dos Reis Católicos e na súa axenda ten prevista unha visita ás 16 horas a Facultade de Comunicación onde chequearán a posibilidade de aprobala como sede para a Asamblea Anual da Federación Europea no ano 2020, o que suporía a estadía na capital galega de máis de 120 xornalistas de 48 países europeos.

                O desprazamento a Galicia do Steering Committee (comité directivo) da European Federation of Journalists (EFJ) , que habitualmente ten as súas xuntanzas en Bruxelas, obedece a unha invitación da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), adscrita a FAPE (Federación Española), que preside Luís Menéndez, á súa vez membro do comité europeo. Amais da sede para o ano próximo, os dirixentes teñen previsto abordar asuntos como a represión á prensa en Turquía, a crítica situación do xornalismo en Rusia e nos países do Leste, asi como as consecuencias do Brexit.

                A delegación será recibida por autoridades da Xunta e polo Alcalde de Santiago. As 20.00 horas terá lugar un acto oficial no Concello compostelán.

 

Máis información e contactos:

Luís Menéndez (619420883)

Ricardo Gutierrez (EFJ Secretario General) +32 473568508 (habla española)

 

 

 

 

DOSSIER

 

A Federación Europea de Periodistas (EFJ) é a organización continental representativa dos xornalistas en toda Europa, non só da Unión Europea. Abrangue a un total de 320.000 socios, de 48 países. Ten a súa sede en Bruxelas e fai eleccións cada tres años, con un delegado por país. Os seus obxectivos son a defensa da liberdade de expresión, a loita polas condicións laborais dignas dos xornalistas, a independencia dos poderes políticos ou de calquera tipo, e a  dignidade, ética e deontoloxía no exercicio profesional.

https://europeanjournalists.org/

O Steering Committee (SC), ou comité directivo da EFJ, é o máximo órgao de gobernó da EFJ. Os seus membros son elixidos cada tres anos polas 71 organización profesionais que forman a EFJ. Ten reunións periódicas na sede central de Bruxelas –que é tamén da IFJ (International Federation of Journalists)- e, extraordinariamente, fóra da capital belga, normalmente coincidindo con encontros internacionais e/ou congresos.

 

https://europeanjournalists.org/about-efj/steering-committee-2/

 

                                                                           SCQ, 14.04.2019

 

Máis información:

 

NP Xornalistas                                      European Federation

 

NP Xornalistas.pdf                                             Eurpean Federation.pdf

 

search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras