A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO E O ATENEO COMPOSTELAN CELEBRAN HOXE O PATRÓN DOS XORNALISTAS CUNHA HOMENAXE A “BOCELO” POLO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

              

 

A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO E O ATENEO COMPOSTELAN CELEBRAN HOXE O PATRÓN DOS XORNALISTAS CUNHA  HOMENAXE A “BOCELO” POLO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

 

 

* Director de La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e El Progreso de Lugo, “Bocelo” foi un   exemplo do xornalista libre e independente, nos duros tempos da ditadura franquista.

* No acto vaise dar a coñecer a próxima publicación da súa extensa biografía“Bocelo. Crónica de un tiempo olvidado”

 

Santiago, 25.01.2019.-A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC),  que preside Luís Menéndez, con motivo da festa do Patrono dos Xornalistas,decidíu este ano 2019 homenaxear a Pedro de Llano López (1918-1998), máis coñecido polo seudónimo de Bocelo, ao se cumprir o centenario do seu nacemento. Director de La Voz de Galicia (1951-1968), El Ideal Gallego (1968-1972) e El Progreso (1972-1980)Bocelo foi todo un exemplo para as novas xeracións da prensa en Galicia.

            O seu traballo caracterizouse por unha constante defensa da liberdade de expresión, -pola que sufriu expedientes e represalias-, o fomento do reporterismo a pé de rúa, así como o exercicio do columnismo diario, que asinaba con seudónimos nas moi seguidas e populares seccións de “Buenos días” e “De sol a sol”, en “La Voz de Galicia” e “Día a día”, en “El Ideal Gallego”.

            Para celebrar tal efeméride, o seu fillo o arquitecto Pedro de Llano Cabado e mailo seu neto, o xornalista de “El País” Pablo de Llano Neira, presentarán un adianto en exclusiva da publicación da biografía,“Bocelo. Crónica de un tiempo olvidado”, mediante a proxección de fotos, documentos e testemuñas da época. Así mesmo, o xornalista da APSC Benxamín Vázquez, -que fora nomeado por Bocelo delegado de “El Ideal” en Compostela-, fará unha semblanza do homenaxeado. O acto terá lugar no Auditorio do Museo das Peregrinacións (Praza de Praterías) as 19:30 horas de hoxe venres 25 de xaneiro, coa colaboración  co Ateneo de Santiago, institución que decidiu sumarse activamente ao recordo dese senlleiro periodista coruñés, que no seu tempo levantou estimulantes controversias nesta cidade.

 

Acto: HOMENAXE PÚBLICA A “BOCELO”

DÍA: VENRES, 25 XANEIRO

HORA: 19.30

LUGAR: AUDITORIO MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS. PRAZA DA QUINTANA. SANTIAGO.

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

 

 

Máis información e contactos: 

 

619420883 (APSC)


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras