O presidente da APSC, Luís Menéndez, fala sobre a "ditadura da tecnoloxía" na revista lusa do Clube de Jornalistas

                                                           

Co gallo da celebración, o pasado 3 de maio, da conferencia evocativa do Día da Liberdade de Prensa na cidade de Lisboa, o presidente da APSC, Luís Menéndez, tivo a ocasión de seres entreivstado pola publicación "Jornalismo e Jornalistas" editada polo Clube de Jornalistas de Portugal.

A través do cuestionario, o presidente dos xornalistas composteláns fai unha reflexión sobre o que denomina "A ditadura da tecnoloxía", alén doutros temas como o retroceso da liberdade de prensa tanto no vello continente europeo como nos Estados Unidos.

A entrevista foi realizada polo compañeiro Paulo Martins e as fotografías son de Joao Miguel Rodrígues.

Para poder lela completa hai que premer na seguinte ligazón e ir á páxina 31. 

http://www.clubedejornalistas.pt/wp-content/uploads/2018/08/JJ67.pdf


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras