A FEDERACION DE PERIODISTAS DE ESPAÑA CONGRATÚLASE POLA RETIRADA DO EXPEDIENTE A TATI MOYANO

 

       

A FEDERACION DE PERIODISTAS DE ESPAÑA CONGRATÚLASE POLA RETIRADA DO EXPEDIENTE A TATI MOYANO

 

Madrid, 29.10.2018.- A Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE)  congratúlase pola recente retirada do expediente de despido por parte da CRTVG (Corporación de Radio Televisión de Galicia) á sua redactora Beatriz (Tati) Moyano, asociada titular da APSC (Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela), á que a FAPE/APSC tiñan admitido unha solicitude de amparo, diante da posible ameaza de despido laboral. O motivo da acción disciplinaria baseárase nunha “falta moi grave”, segundo a empresa pública, pola “utilización do servizo de maquillaxe e perruquería da CRTVG” antes da súa participación desinteresada nunha gala contra o cancro.  No seu día (26.08.2018), a FAPE e maila a súa filial compostelana, a APSC, entenderon dita medida como “desproporcionada e vingativa”, xa que estaba “claramente vencellada a súa participación na campaña dos venres negros da CRTVG e contra a manipulación informativa”. Tralo sobreseimento do expediente, ditas organizaciones de xornalistas  felicítanse polo feito e fan votos para o entendemento entre empresa e traballadores a prol duns medios públicos profesionais e de calidade en Galicia.


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras