A FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERIODISTAS DE ESPAÑA CELEBRA A RETIRADA DO EXPEDIENTE A TATI MOYANO

 

                                                                                                              

Madrid, 29.10.2018.- A Federación de Asociaciónes de Periodistas de España (FAPE) celebra a recente retirada do expediente de despido por parte da CRTVG (Corporación de Radio e Televisión de Galicia) á súa redactora Beatriz (Tati) Moyano, asociada titular da APSC (Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela), á que a FAPE/APSC tiñan admitido unha solicitude de amparo, ante a posible ameaza de despido laboral.

O motivo da acción disciplinaria baseárase nunha "falta moi grave", segundoa empresa pública, pola "utilización do sevizo de maquillaxe e perruquería da CRTVG" antes da súa participación desinteresada nunha gala contra o cancro. No seu día (26.08.2018), a FAPE e mais a súa filial compostelá, a APSC, entenderon dita medida como "desproporcionada e vingativa", xa que estaba "claramente vencellada a súa participación na campaña  dos venres negros da CRTVG e contra a manipulación informativa". Tras o sobreseimento do expediente, ditas organizacións de xornalistas felicítanse polo feito e fan votos par ao entendemento entre empresa e traballadores a prol duns medios públicos profesionais e de calidade en Galicia.


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras